Conselleria Innovacion e Industria

Preguntas Máis Frecuentes (FAQ)
 
1. Para que serve este sitio?

    Este sitio é unha ferramenta de tradución en liña de mancomun.org. Este ferramenta permite realizar de forma colaborativa a tradución de aplicacións baseadas en ficheiros ".po".


    Poderás atopar no sistema unha árbore de proxectos con ficheiros que conteñen diversas cadeas en inglés e que precisan ser traducidas ao galego. Mediante o sistema presentado poderás facer unha proposta de tradución ("suxestión") que será validada no seu caso polo noso equipo e o resultado final será utilizado na tradución das aplicacións correspondentes nas que traballamos adoito.


    Debe rexistrarse para poder traducir.


2. Como podo inserir a miña suxestión?

    Podes traballar na tradución ficheiro por ficheiro navegando na árbore de proxectos. Se queres traballar nun ficheiro determinado deberás premer no ficheiro que desexes do listado que aparece na árbore de proxectos Inicio. Accederás así ao separador de 'Todas as cadeas de "ficheiro"' onde verás todas as cadeas do citado ficheiro de forma que premendo no botón 'Editar' se pode cubrir a suxestión da cadea correspondente.



Separador "Todas as cadeas do ficheiro"

    Na páxina de 'Todas as cadeas do "ficheiro"' tamén podes premer nos separadores 'Cadeas sen validar de "ficheiro"' para ver só as cadeas pendentes de tradución do ficheiro ou 'Cadeas sen suxestións de "ficheiro"' para ver aquelas cadeas que non dispoñen de ningunha suxestión.


    Outra opción é premer na cadea orixinal en inglés para ir á 'Páxina de suxestións'. Nesta páxina poderás propoñer a túa propia suxestión, comentar a suxestión, votar polas xa existentes e ademais poder ver suxestións automáticas obtidas da base de datos de traducións existentes.



"Páxina de suxestións"
3. Cousas que non se traducen?

    Hai unha serie de caracteres que non deberás traducir pois afectan ao normal desenvolvemento dos programas. Normalmente son aqueles precedidos do símbolo '%' ou do símbolo '$' (por exemplo: %s, %1$s, etc.). Do mesmo xeito tampouco hai que traducir todas as etiquetas HTML que poidan aparecer nas cadeas a traducir (<br />, <a href=""></a>, etc.).


    Para o caso concreto do OpenOffice.org, hai moitas cadeas do estilo "_: main0000.xhp#tit.help.text\nWelcome to the $[officename] Calc Help" onde o que está entre os símbolos "_:" e "\n" non se traducen e hai que eliminalos da tradución resultante.

    Por exemplo, neste caso concreto a tradución quedaría da seguinte maneira:

Inglés Galego
_: main0000.xhp#tit.help.text\nWelcome to the $[officename] Calc Help Benvido(a) á Axuda de $[officename] Calc

Hai que fixarse que $[officename] é unha variable interna de OpenOffice.org e non se traduce. Ademais tamén temos que ter en conta os signos de puntuación existentes, para reproducilos da mesma maneira na frase traducida, sobre todo os signos finais de puntuación. .

4. Outras dúbidas?

    Este FAQ irase ampliando a medida que se vaian recibindo outras consultas polo que se tes dúbidas non tes máis que contactar connosco.

5. Existen atallos de teclado?

    Efectivamente hai. As seguintes páxinas dispoñen dalgúns atallos de teclado.

  • Páxina de suxestións

    Alt+P - ir á cadea anterior

    Alt+N - ir á cadea seguinte

    Alt+K - acceder ao mapa do teclado (seleccionar idioma)

    Alt+S - acceder á área de texto da suxestión

    Alt+H - amosar/agochar menú de recomendacións para o mapa de teclado, mentres se teclea. (para os mapas de teclado seleccionados só)

    Alt+1 to Alt+9 - seleccionar a suxestión de usuario dende 1 ata 9 respectivamente

    Alt+Enter - enviar a suxestión e ir á cadea seguinte

    Alt+Ctrl+Enter - enviar a suxestión


  • Páxinas de visualización do listado de cadeas: páxina de 'Todas as cadeas do ficheiro', páxina de 'Cadeas sen traducir do ficheiro' e páxina de 'Cadeas sen suxestións do ficheiro' (en modo de edición só)

    Alt+K - acceder ao mapa do teclado (seleccionar idioma)

    Alt+S - acceder á área de texto da suxestión

    Alt+H - amosar/agochar menú de recomendacións para o mapa de teclado, mentres se teclea. (para os mapas de teclado seleccionados só)

    Alt+Enter - enviar a suxestión

6. Sobre o Entrans de Mancomun.org

    O Entrans de Mancomun.org usa o software entrans-mancomun, dispoñible desde a Forxa. Este software está baseado no traballo dos desenvolvedores do proxecto orixinal "Entrans". Inclúese o código fonte do proxecto orixinal comprimido dentro da descarga.


    O Entrans de Mancomun.org está distribuído baixo a licenza GPL.